24 de agosto de 2010

EMOCIONARSE (con mayúsculas)

Fuente de la fotografía


Hoy he desayunado con este artículo. Me gustaría compartirlo con vosotros porque creo que es un merecido homenaje a esas emociones auténticas. Las que pasean con calma ante nuestra mirada cotidiana...

EMOCIONARSE

Hai xente que vive sen vivir. E outros, que parecen non vivir, están tan cheos de candor que un quere abrazalos a cada instante. Se non hai emoción non hai vida. Diso falan os poetas. Da emoción e da vida. E póñenlle música: porque a poesía sen música non existe. Habitamos, como fantasmas, un tempo sen emocións. Sóbranos o ocio e faltan as emocións auténticas. Non é subir á noria do parque de atraccións, ou a victoria do equipo favorito de fútbol. Non é a quiniela redentora ou aprobar a oposición. A emoción máis certa que coñezo é un abrazo que fai que as lágrimas corran aos ollos, ou que se deteñan na garganta e non poidan saír. A emoción do amor que permanece; ou do amor que di ola, como estás, queres pasar o resto da vida comigo? A emoción dos fillos que teñen cara de sono cando se levantan, incluso en vacacións. A avoa que acariña, o pai que parte o pan, os ollos da tristeza que escapa cando a vida abre de par en par as portas do ceo. Somos emoción. Sen emoción, bendita, somos mentira. Emocionarse significa levantar bandeiras na praia do sufrimento, na montaña mala do rancor, no silbo nítido do aire entre as faíscas deste agosto incendiado, como todos os agostos. A emoción é unha corda eléctrica que agarra, bate, crece, arranca e nos arranca do tedio. Coñezo xente que cambiaría sólidas fortunas por un pouco de emoción. Veranean en lugares exóticos, tíranse en parapente ao abismo dos sentimentos, navegan e naufragan con tanta cosmética que todo queda en nada... quizá todos mudarían a súa búsqueda, ansiosa e desasosegada, pola tranquilidade dun abrazo a traizón. Tan inesperado como unha chuvia de caricias, afecto, alma. Abrazarse é progresar. Escribir versos de amor en medio da guerra cotiá. Quen non sabe abrazar non sabe emocionarse. Quedan sete días de agosto: el día es un dudoso laberinto, escribiu Borges. Emocionarse? velaquí o verbo.

De Xosé Carlos Caneiro
La Voz de Galicia

2 comentarios:

Eulogio Diéguez Pérez (Logio) dijo...

Anda, tira para adiante que levas uns días que dan pena.

Campurriana dijo...

Logio, simplemente nostálgicos y es que Campurriana es también bastante nostálgica...

Un saludo a esas tierras gallegas.