Mostrando entradas con la etiqueta Tradiciones. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Tradiciones. Mostrar todas las entradas

1 de julio de 2013

A rapa das bestas

¡TENGO UNAS GANAS DE IR!

Os pongo un fragmento que, aunque esté en gallego, creo que se entiende en él la esencia de esta tradición.

A RAPA DAS BESTAS DE SABUCEDO: UNHA FESTA MÁXICO-RELIXIOSA

 

A máis famosa das Rapas celébrase todos os veráns no pobo de Sabucedo (A Estrada). Consta de tres aldeas: Sabucedo, a Devesa, e a Barbeira, cun total de 50 habitantes que chegan a se duplicar as fins de semana.

Trátase dunha festa “máxico-relixiosa”. Pode que nun principio resulte algo raro, pero o fin e o cabo, a relixión maxia é, xa o nome de Sabucedo participa desta característica. A etimoloxía identifica o nome con “sabucus” ou “sambucos”, procedente do  latín, que significa “sabugueiro”, planta de virtudes curativas e que era mirada coma unha árbore bendita.

Non se sabe con certeza cando o pobo de Sabucedo comezou a realacionarse coas bestas. Nos petroglifos da Terra de Montes dos séculos XVIII-VIII a. C. hai gravados nos que aparecen cabalos, moitos con xinetes tratando de dominar o animal, e aínda que se pensa que pode haber unha certa relación , a xente da parroquia segue mantendo a orixe da Rapa nunha lenda oral, que di que houbo unha peste que devastou a bisbarra. Ante esta situación dúas irmás da aldea ofrecéronlle a San Lourenzo dúas bestas se as defendía do mal, e así foi. Mentres durou a peste as dúas irmás refuxiáronse nunha cabana afastada da aldea, e pasando a mesma doáronlle as bestas á Igrexa.

A pesar de non haber datos escritos ó respecto que verifiquen a certeza da tradición oral, consérvanse topónimos coma “O coto da Cabana”, a “Caraballeira das Vellas”, “Fonte das Vellas”… e atopáronse escritos sobre unha peste bubónica na zona que tivo lugar no século XVI. De todos os xeitos os primeiros datos escritos sobre a festa da Rapa (na forma que hoxe ten) son do ano 1682. Esta lenda volve vincular o acto coa Igrexa. Evidentemente, como pasa con tantas outras, a hora de pensar se a Festa terá unha orixe relixiosa ou pagana, ten máis peso a lenda e a tradición da igrexa que o feito de que haxa grabados en pedra de a lo menos mil anos antes de Cristo.


A Rapa das Bestas de Sabucedo, declarada recentemente de Interese Turístico Internacional, segue a tradición dos antergos ó longo dos séculos. O único que mudou dende entón foi a data de celebración. Antigamente facíase no día de Pentecostés, e pode que houbera dúas baixas. Hoxe en día celébrase no verán.

Comeza a festa a madrugada do primeiro sábado de xullo con foguetes a cachón que chaman a xente á misa ou eucaristía da alborada, na que se pide a protección de San Lourenzo para todos os actos que conleva a festa.

Despois de oír a misa os mozos de Sabucedo e outros mozos das parroquias veciñas, así coma numerosos “curiosos da capital”, encamíñanse cara ó monte con cadanseu pau de moca (vara de madeira de carballo que acaba nunha verruga e serve de apoio ou para espantar as bestas) coa fin de xuntar as greas que andan espalladas polos montes de Quireza, Souto, Cuntis, Campo Lameiro… Cada grupo de xente reúne as greas que pode e logo xúntanas no Peón, antes de baixar para a aldea.

Hoxe en día hai no monte animais particulares e animais do “Santo”, que se diferenzan dos demais por teren as dúas orellas cortadas ou fanadas, o que significa algo así coma que os animais son sagrados. Vólvese á relación festa da Rapa-Igrexa. E o mesmo ocorre co feito de que non poida haber máis garañóns, cabalos xefes, que os do Santo.

Polo mediodía, despois de comer o bocadillo e botar un groliño de viño, procédese á Baixa. Os cabalos, dirixidos polos mozos, non tan mozos, e rapaces trotan a paso lixeiro polas subidas e baixadas que os han de levar ata Sabucedo, onde descansarán en Cataroi, un terreo por riba da vila onde poden beber, alimentarse e coller forzas  para soportar con valentía a loita que poucas horas despois manterán cos mozos de Sabucedo. 

Este ano o labor da Baixa vaise levar a cabo no venres, en vez do sábado, coa fin de que os animais  poidan descansar un pouco máis e non se estresen tanto.

A primeira Rapa ten lugar o sábado pola tarde, nun curro de pedra semicircular de recente creación (antes o curro estaba a carón da Igrexa, outro sinal do vencellamento de Festa-Igrexa).

O feito da Rapa non é só cortar as crinas, senón tamén a previa aloita corpo a corpo (home-besta) e a inmobilización do animal. O acto da rapa, que antes máis ca divertir tiña coma fin vender as serdas, comeza co acurramento dunha parte das bestas. Os nenos separarán os potros  (bichiños) para que estes non sexan mancados polos grandes e irse así iniciando na actividade. 

Seguidamente os aloitadores (nos últimos anos tamén algunhas aloitadoras) collen un cabalo (diríxense especialmente ás bestas do Santo: aspecto simbólico-relixioso) e loitan con el corpo a corpo, sen máis aparellos cá súa forza. Esta forma de loitar herdouse de xeración en xeración: dous aloitadores van á cabeza e un ó rabo. Un dos que vai á cabeza debe ser o que salta enriba da besta e cabalga sobre ela. Pouco despois, o segundo da cabeza acode na súa axuda. Cando este chega e se engancha nas crinas dianteiras, o que está subido no équido debe baixar do animal. Ó mesmo tempo o aloitador que vaia ó rabo debe facer unha serie de movementos para intentar desequilibrar a besta.

Este ritual repetirase o domingo pola mañá (día de máis afluencia de xente) e o luns, día no que tamén se procede á marca dos potros, é dicir, á corta das orellas, para así, coas orellas fanadas, quedar “consagrado” e pasar a pertencer á eguada do Santo.

Cara ó mediodía as bestas iniciarán a súa viaxe cara ó alto do monte. “Cada cabalo griñón reagrupará, rinchando, de novo a súa grea e deste xeito a eguada de San Lourenzo de Sabucedo esperará un ano máis a ritual visita ó seu pobo, ó pobo desas xentes de Sabucedo que durante séculos tiveron e seguen tendo a teima de defender contra homes, lobos e lume as súas bestas”.



Un enlace más sobre a rapa das bestas de Sabucedo y algunas fotografías. Pinchad en las leyendas de las imágenes para seguir descubriendo...(a aquéllos a los que les gusta la fotografía, un lugar para visitar)...


Fotografía de Adrián Irago Romero


Fotografía de un pasado
Fotografía de Miguel Vidal

Fotografía de Manuel Matías Marras Ramos
Fotografía de Javier Sa Cordeiro
Fotografía de Fuco Reyes


  

 


Espero que os haya interesado...

30 de octubre de 2009

Son os tempos de Samaín...


Y, una vez más, la muerte nos seduce de forma elegante o tenebrosa, o incluso divertida en ocasiones, si es que un hecho tan absurdo y tan crudo como éste puede tocarse con la varita del humor.

¿Alguien podría contarnos algo sobre el Samhain? ¿alguno de vosotros lo celebra o lo ha celebrado? ¿conocéis alguna historia o leyenda acerca de esta mágica noche que se aproxima?. Parece que en Galicia se han desenterrado de nuevo las tradiciones de antaño y me gustaría saber algo más de estos tempos de Samaín, por si las meigas...

10 de julio de 2008

¿Qué tienen los Sanfermines?

No sé si os lo había dicho, pero encuentro algo de magia en estos animales que parecen salidos de alguna leyenda aun viva y teñida de color rojo, como los Sanfermines...

Y ese encierro que retorna al hombre a lo primitivo, que le despoja con fuerza del traje y le devuelve desnudo ante la belleza salvaje de los toros y la dulce tentación de las emociones fuertes...

Creo que, sin intención alguna, me ha salido un pequeño fragmento erótico...
:)

24 de junio de 2008

La noche más larga del año...

Fuente: cousinho

Y entre ribeiro y ribeiro celebramos la noche de San Juan. Aquélla en la que los barrios gallegos saborean el olor de las sardinas, el aroma del ribeiro en cunquiñas, las brasas en las calles, los cachelos, los pimentiños de Padrón....unhos pican e outros non...

Acabo de llegar a casa y dormiré recordando esa ciudad encendida por el fuego de las hogueras de las playas y por los deseos de un año que, se permite, empiece hoy de nuevo...

¿Por qué no?

Feliz noche-día de San Juan a todos...

5 de febrero de 2008

13 de julio de 2007

Encierros

Sentir el aliento del toro, el silencio ensordecedor del recorrido, el calor del cuerpo, el dulce peligro de la tentación, la sequedad de la garganta y del miedo, la soledad más acompañada, el color rojo, negro y blanco...

22 de junio de 2007

La noche mágica


Raíña, seguro que conoces alguna historia de San Juan, algún ritual, un cuento de una noche en la que el fuego pasa a ser el protagonista...

19 de febrero de 2007

Carnaval de Venecia


Ven hasta mi, belleza silenciosa,
talismán de un planeta no vivido,
imagen del ayer y del mañana
que influye en las mareas y los versos;
ven hasta mi y tus labios y tus ojos
y tus manos me salven de morir.

Pere Gimferrer